O Partido Popular acusou ao goberno local do BNG de Corcubión de incumprir o seu programa electoral e enganar aos veciños tras aprobar no pleno da semana pasada unha subida do Imposto de Bens e Inmobles (IBI).
O portavoz José Domínguez considera que o incremento de impostos é “unha estafa en toda regra” e unha “emenda parcial” ao programa electoral dos nacionalistas que negaban esta suba.
“Non se pode mentir de maneira tan descarada, nin enganar aos veciños desta forma” asegurou Domínguez, que pide explicacións ao goberno local por unha medida que “mingua a capacidade adquisitiva” dos veciños.
O PSOE, «cómplice»
Para o PP o Partido Socialista é “cómplice”, xa que os seus concelleiros non votaron en contra: “Absterse é poñerse de lado, é non asumir a responsabilidade e é facilitar o camiño do Gobierno Local. O que tocaba era votar en contra”, lamentou o voceiro popular.
Para José Domínguez a postura do PSOE non é unha sorpresa:“Imaxino que cambiarían de opinión igual que fai Pedro Sánchez con outro tipo de asuntos”.

