A comisión de festas dos “Milagros” de Santa Cataliña organiza este sábado unha celebración na honra de Santa Cataliña. Haberá unha misa na capela dos Milagros(13,30h).
En previsión das posibles inclemencias meteorolóxicas, a organización celebrará a I Festa do Cocido no recinto feiral.
Segundo explicaron Santiago Gesto e Juan Antonio Martínez en Radio Xallas a idea para os anos posteriores é que o evento gastronómico se desenvolva na localidade.
No faltará a empanada, o cocido, as filloas, bebida, postre e café. O prezo do ticket é de 30 euros e aínda pode adquirirse no Café Bar Duca, Cervecería D´Mara ou en Novo Campo, así como nos teléfonos do cartel.
A música correrá por conta do trío Alborada (tanto na sesión vermú como no xantar) e das gaiteiras da Baña. Tamén haberá hinchables para os pequenos.
Se queres escoitar a entrevista en Radio Xallas, a partir do minuto 60 neste Podcast.