Vimianzo enxalzou esta sábado a labor palilleira co festexo da XVI Xuntanza no pavillón do IES Terra de Soneira. A alcaldesa, Mónica Rodríguez; a deputada de Emprego, Rosa Ana García e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, acudiron á inauguración institucional.
650 palilleiras en Vimianzo
Congregáronse 650 artesás chegadas desde Viveiro, San Ciprián, Lugo, Ribeira Sacra, Vilanova de Arousa, Tui, Valga, Sarria, Vigo, Cambados, A Coruña, Boiro, Fene, Ferrol, Ames, Betanzos, Neda, Paderne, Cambre, Arteixo, Coirós, Noia, Porto do Son, Oleiros, Cariño, Valdoviño, Esmelle, Abegondo, Camariñas e Vimianzo.
Ata as 19:30 horas, todas as persoas interesadas poderán achegarse ata o polideportivo para coñecer de primeira man o traballo destas mulleres, á vez que se intercambian experiencias entre as participantes.
As Nemanquiñas
Organizada pola Asociación de Palilleiras ‘As Nemanquiñas’, conta coa colaboración tanto do Concello de Vimianzo como da Deputación da Coruña.
Neste senso, tanto a alcaldesa, Mónica Rodríguez, como a deputada provincial, Rosa Ana García, destacaron “a relevancia que ten para a provincia e para a Galicia que as palilleiras manteñan viva unha labor centenaria”.