7.3 C
Santa Comba
sábado, febrero 17, 2024

Luz verde ó proxecto de humanización da rúa Ferreira Penedo


A intervención está valorada en 100.000 euros e dará continuidade a obras de simulares características realizadas noutras rúas da contorna.


O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras, Pablo Cambón, reuníronse no Concello co director do proxecto de humanización da rúa José Manuel Ferreira Penedo e cos responsables da empresa que executará os traballos –Construcciones Mantido S.L.– para proceder á sinatura da acta de replanteo, trámite previo ao comezo das obras que se producirá en próximas datas.


A actuación deseñada polo Concello dará continuidade a outros proxectos de similares características realizados nos últimos anos en varias rúas da capital municipal da Laracha próximas á que será obxecto desta intervención, tales como Epifanio Campo, Silverio Moreda, David Mallo, Coruña, Lugo, Pontevedra e Suíza, entre outras.


Na rúa José Manuel Ferreira Penedo prevese renovar o pavimento da calzada, aumentar a seguridade viaria co marcado de novos pasos para peóns e establecer o sentido único de circulación, o que permitirá gañar espazo para ampliar a beirarrúa, habilitar máis aparcamentos -contemplándose a reserva de prazas para vehículos de persoas con mobilidade reducida- e crear áreas de descanso con mobiliario urbano.


Para beneficio xeral tanto da cidadanía como dos locais comerciais situados na zona, priorizarase aos peóns sobre o tránsito rodado nesta rúa eminentemente residencial e emprazada nun dos ámbitos con maior densidade de poboación do termo municipal da Laracha.


O proxecto está valorado en 100.000 euros e será cofinanciado entre o Concello e a Deputación da Coruña.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos