11.9 C
Santa Comba
sábado, febrero 17, 2024

Un desprendemento de terra provoca incidencias en Dumbría

Diferentes incidencias na provincia coruñesa nas últimas horas. A maior parte das 112 intervencións estiveron relacionadas cos asolagamentos en rúas, estradas, vivendas, baixos e garaxes.

Segundo informaron desde AXEGA 112 en Dumbría, a estrada provincial DP-2302, ao paso por Buxantes, está cortada debido a un movemento de terra, pedras e vexetación que bloqueou completamente o acceso a un garaxe con dous coches atrapados e tres cans desaparecidos.

De momento, ningunha persoa resultou ferida, pero os danos son importantes, xa que estamos a falar dun desprendemento de quince metros.

Desde que o 112 Galicia recibiu o aviso por esta situación ás 22:30 horas de onte, activáronse os seguintes medios de intervención: Bombeiros de Cee, axentes da Garda Civil de Tráfico, autoridades locais e equipos da limpeza e mantemento da Deputación da Coruña como titular da vía.


Con diferencia, a provincia da Coruña acumulou o maior número de incidencias relacionadas con este episodio (172), e os concellos máis afectados foron Fene, Neda, Ferrol, Narón, Mugardos, Ares, Cabanas, Miño, Pontedeume, Outes, Dumbría e Mazaricos.

Foto- Bombeiros Costa da Morte

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos