18.3 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Mazaricos Informa, nova canle de comunicación municipal

O Concello de Mazaricos amplía as formas de comunicación coa veciñanza co lanzamento da app de información Mazaricos Informa. Esta aplicación, dispoñible para descarga en teléfonos móbiles, publicará anuncios e alertas do Concello e permitirá que os usuarios se comuniquen coa institución.


Mazaricos Informa foi presentado na tarde do 10 de novembro nun acto aberto á veciñanza no que tamén tivo lugar un breve titorial de uso. Un nutrido grupo de veciñas e veciños asistiu a esta presentación na Casa do Concello.


A app Mazaricos Informa conta con varias seccións e funcionalidades entre as que se atopa unha axenda de eventos, comunicación de bandos e anuncios municipais, un directorio comercial e de teléfonos útiles do municipio e horarios de farmacias de garda e autobuses. Ademais, conta cunha sección na que as e os veciños poden informar ao Concello de incidencias, enviar suxestións ou dirixir dúbidas á Administración local.


O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, salienta que esta nova app vén sumarse ás ferramentas de comunicación con que xa contaba o Concello, de forma que «as e os veciños de Mazaricos desfruten dun Concello máis accesible e cunha comunicación sinxela e directa».


Info- Concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos