9.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Os bombeiros liberan a unha persoa atrapada nun coche tras envorcar en Coiro – Mazaricos

Unha vez fóra do coche, a persoa foi atendida e evacuada ao centro hospitalario de referencia segundo informo AXEGA 112

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o accidente produciuse pasadas as once desta mañá na AC-400, entre os quilómetros 81 e 82, na parroquia de Coiro, en Mazaricos.

Nese punto, un turismo saíuse da vía e envorcou de maneira que o único ocupante quedou atrapado no interior. Para poder ser liberado, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Santa Comba e dos membros do GES de Muros. Bastou a actuación dos primeiros para rescatar ao condutor, que recibiu os primeiros coidados por parte dunha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 antes do seu traslado.

Ademais, neste operativo contouse coa colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico, así como dos equipos de limpeza e mantemento da vía, neste caso da Axencia Galega de Infraestruturas, debido aos restos de aceite e do vehículo que quedaron na vía.

Tamén participaron voluntarios de Protección Civil da localidade.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos