O goberno local de Santa Comba, encabezado polo alcalde Alberto Romar, iniciará nos vindeiros días unha rolda de xuntanzas nas parroquias para recoller as opinións e preferencias dos veciños, con respecto aos investimentos dos orzamentos previstos para o ano 2024.
Segundo adianta o mandatario “será a primeira vez que o noso Concello realice uns orzamentos participativos, nos cales teremos en conta á veciñanza”
As xuntanzas comezarán o mércores 15 de novembro no salón parroquial de Santa Sabiña (20,30h). Ao día seguinte a cita será na Casa da Escola de San Cristovo(20,30h) e o sábado 18 no Teleclube de Vilamaior(15h) e no local social de Freixeiro(21,00).
As xuntanzas continuarán noutras parroquias tal é como figura neste calendario.


