Denuncian un acto vandálico na sede do PSOE de Vimianzo

A sede do PSOE de Vimianzo foi obxecto dun acto vandálico, sofrindo dúas pintadas co texto “Sánchez Judas” e “Rebaño”.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia da Coruña, Bernardo Fernández, condenou os feitos e considera este “non é un ataque ao PSOE, senón á democracia”. “Actos así son inadmisibles nunha sociedade democrática”, engade.

Os socialistas fan un chamamento a poñer fin “aos discursos de odio que fomentan comportamentos hostís contra os partidos políticos democráticos e os seus membros”.

“As discrepancias e as diferenzas políticas nunha sociedade aberta e respectuosa hai que abordalas sempre a través do diálogo e da comprensión, afastándonos dos comportamentos irracionais que debemos enfrontar e rexeitar dende todas as institucións para protexer os valores democráticos da sociedade”, remata o PSOE.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos