12.5 C
Santa Comba
lunes, febrero 19, 2024

Aforro importante na xestión dos residuos en Santa Comba

O novo contrato para a xestión da recollida da fracción orgánica en contedor marrón permitirá un aforro de 30.000 euros en relación co contrato anterior.

O concello de Santa Comba anunciou que a partir do 10 de novembro contará cun novo contrato para a xestión da recollida da fracción orgánica en contedor marrón “apostando polas empresas do municipio e logrando o fito de abaratar custes para acadar unha xestión máis eficiente e sostible”.

A nova adxudicataria do servizo é Transportes y Servicios S. Antelo que percibirá uns 15.717 euros mantendo as mesmas condicións e abaratando así en case 30 mil euros o contrato anterior, que ascendía a 43.345,50 Euros.

Xestión efectiva e eficiente en Santa Comba

O alcalde Alberto Romar afirma que quere facer bandeira da xestión “efectiva e eficiente destinada a toda a veciñanza. O que precisamos é achegar recursos tendo en conta unha xestión sostible en todos os sentidos: por un lado velando polo medio ambiente, e por outro prestando especial atención aos recursos económicos”.

O mandatario xalleiro amosase moi satisfeito co aforro que representa este novo contrato e recalca que “os cartos aforrados serán moi benvidos para poder ser reinvestidos en servizos sociais ou obras”.

Desde o concello manteñen o seu compromiso pola reciclaxe eficiente e pola xestión sostible dos servizos municipais.

Queren materializar os compromisos adquiridos no convenio con SOGAMA e avanzan que “no núcleo urbano ampliarase o acceso aos contedores marróns facilitando a chave para o seu uso a quen o desexe e, por primeira vez, empezarán a ofertarse composteiros nas parroquias, así todo veciño que estea interesado nestas posibilidades poderá solicitalas acudindo ao departamento de Medio Ambiente ou chamando ao número telefónico do mesmo (663729154)”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos