8.6 C
Santa Comba
lunes, marzo 10, 2025

Trasladan a dos personas debido a una intoxicación en Carballo

Dúas persoas trasladadas en Carballo debido á intoxicación provocada pola mala combustión dun estufa de leña

INFORMACIÓN DE AXEGA 112 – FOTO DE ARCHIVO

Na vivenda residían os tres membros dunha familia, pero só dous deles, unha muller e a súa filla, precisaron ser trasladados, ao presentar síntomas de intoxicación.

Ás 00:20 horas deste luns, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informaba ao 112 Galicia da situación. Comunicaban que lles chamara unha muller indicándolles que, na casa, situada no lugar de Casaldares, en A Baixa de Entrecruces, estaban os tres mal; ela, o marido e a súa filla. Sospeitaba que unha estufa de gas podería ser a causa.

Tras recibir as oportunas recomendacións por parte do facultativo sanitario, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Carballo, da Garda Civil, da Policía Local e dos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade. Tamén foi informado o persoal da empresa subministradora do gas.

Nada mais chegar á vivenda, os Bombeiros procederon a realizar as medicións pertinentes, que resultaron negativas. Sen embargo, tras repetilas ao entrar noutro habitáculo no que había unha estufa de leña, alí si deron positivas, polo que, os Bombeiros confirmaron que os síntomas causados aos residentes foron debido á mala combustión da estufa de leña.

Así mesmo, indicaron que foran evacuadas polos servizos sanitarios dúas persoas, a nai e a súa filla de nove anos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,100SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos