Folga de traballadoras nunha empresa de Santa Comba

Un grupo de traballadoras da lavandería O Lavadoiro está en folga indefinida.

Segundo declarou a representante sindical, Sheila Blanco (Comisións Obreiras), en Radio Xallas, os problemas son varios: “faltas de respecto, ameazas, non temos horarios, festivos sen compensar, falta de persoal e de mantemento dás máquinas”, así como os continuos atrasos en cobrar os salarios.

“Isto é o de sempre pero agora queremos parar isto. Chega un momento no que ou corpo di basta. Queremos traballar a gusto. Eu creo que non estamos pedindo nada fóra do normal”.

Dispostas a negociar pero «temos os nosos dereitos»

Tamén critica o cambio de horarios ou o recente despedimento dunha compañeira. “Estamos dispostas a dialogar pero queremos os nosos dereitos” engade.

Despois de varias xornadas de concentración nas inmediacións da nave no Polígono Industrial xalleiro, agora pensan manifestarse en Santa Comba (o día 13 coincidindo coa feira) e nas portas de hoteis que traballan con esta lavandería.

Se queres escoitar a entrevista a Sheila Blanco en Radio Xallas podes facelo neste Podcast a partir do minuto 32 do audio.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos