Noticias de Santa Comba 3 de novembro

“Cultura urbana on tour” en Santa Comba, Éxito da Andaina Solidaria, Carreira Solidaria Barrié de la Maza, etc…

Éxito da Andaina Solidaria

Un cento de persoas participaron na Andaina Solidaria organizada pola asociación Unha Amiga Sabe Ver que Precisas unha Aperta. A recadación foi destinada á Fundación de Medicina Xenómica.

O goberno local estivo representado polo alcalde Alberto Romar e polos concelleiros Estefanía Calvelo, Pablo Negreira e Salomé Bustelo.

“Cultura urbana on tour” en Santa Comba

Santa Comba acolle unha xornada de cultura urbana que se desenvolverá este sábado 4 de novembro, entre as 17 e as 19h, no recinto feiral xalleiro.

Está dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 16 anos que poderán participar en actividades como Parkour, Cap paint, Rap e Grafitti. Hai 40 prazas dirixidas principalmente a nenas e nenos de familias monoparentais. A iniciativa corresponde a asociación Fagamos (Familias monomarentais de Galicia).

Carreira Solidaria Barrié de la Maza

O CEIP Barrié de la Maza recadou na súa última Carreira Solidaria unos 2.500 euros que irán destinados a investigación contra a leucemia infantil.

Nas últimas cinco carreiras solidarias o centro xuntou uns 12.000 euros en total que foron destinadas a distintas causas. Estas actividades están encadradas dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva

En Titulares

Este luns comezan as actividades do 50 aniversario da Cooperativa Xallas. Máis info aquí.

Santa Comba acollerá a XIV Ruta das Tapas entre o 17 e o 26 de novembro coa participación de once establecementos xalleiros.

O vindeiro 11 de novembro celebrarase a II Ruta Xallas TT. Haberá un percorrido polos concellos de Santa Comba, Coristanco e Zas. O punto de inicio e de retorno é o Campo da Feira xalleiro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos