A asociación “Unha Amiga Sabe Ver que Precisas unha Aperta”, en colaboración co Concello de Santa Comba, organiza para o vindeiro mércores 1 de Novembro unha Andaina Solidaria co fin de recadar fondos destinados integramente á Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica que dirixe doutor xalleiro Ángel Carracedo Álvarez.
A actividade para todos os públicos comezará ás 10 da mañá (se a climatoloxía o permite) e a organización ten preparado un percorrido circular de 10 km. asequible para a maioría das idades.
Para incribirse hai un formulario en liña e tamén pode facerse no teléfono 676400186. Os maiores deberán abonar 3 euros. De momento hai medio cento de inscritos.
Declaracións de Ana Ferreiro e Alberto Romar
Para a Asociación que preside Ana M.ª Ferreiro é “un auténtico orgullo poder colaborar cunha Fundación que traballa pola investigación médica en Galicia e desde Galicia a través de grandes profesionais dirixidos polo noso veciño máis ilustre, Ángel Carracedo. Tamén me gustaría agradecer a diversas empresas que colaboran desinteresadamente con esta e coas distintas actividades que levamos a cabo, donando froita, auga ou incluso materiais para sorteos. Todos sumamos un gran de area pola causa.”
“ Para un concello como o noso é moi importante que o noso tecido asociativo fomente este tipo de actividades participativas, máis si cabe si estas actividades teñen un fin tan trascendente como é o apoio á investigación científica nunha enfermidade como é o cancro e, ademáis, apoiando a unha Fundación que dirixe o Fillo Predilecto de Santa Comba, o doutor Carracedo” sinalou o alcalde Alberto Romar.

