Os Bombeiros da Costa da Morte excarceraron a unha persoa que envorcou co seu coche en Vimianzo segundo informou AXEGA 112
Tras ser liberada, foi evacuada ao centro hospitalario de referencia a bordo dunha ambulancia.
Faltaban escasos instantes para a 1:15 horas da madrugada cando o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que informaba sobre o accidente, que se produciu no quilómetro 3 da AC-433, na parroquia de Calo. A persoa implicada permanecía no interior do vehículo envorcado, consciente pero incapaz de abandonalo.
Entón, desde o 112 Galicia solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Cee e da Garda Civil de Tráfico.
Os Bombeiros fixeron uso do seu material de excarceración para liberar ao ferido, que foi atendido polos profesionais sanitarios. A continuación, procederon a limpar a vía para restablecer as condicións óptimas de circulación.
Foto-bombeiros Costa da Morte

