Saída de vía en Ponte do Porto

Unha saída de vía na DP-1601, ao seu paso pola parroquia da Ponte do Porto, en Camariñas, obrigou a trasladar a unha persoa segundo iformou Axega 112 este sábado 14 de outubro.

Segundo informaba un particular ao 112 Galicia, arredor das 00:00 horas da madrugada, un vehículo saíuse da vía nese punto, e, ao parecer, había unha persoa que necesitaba asistencia sanitaria.

Nese momento, desde o CIAE-112 Galicia deuse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee e á Garda Civil.

Unha vez no lugar, os servizos de emerxencia desprazados, informaban ao 112 Galicia de que a persoa ferida ía ser trasladada ao centro hospitalario de referencia.

Por mor do sinistro, a estrada estivo cortada ao tráfico, en ambos sentidos da circulación, debido a unha mancha de aceite. Con todo, o tráfico xa está restablecido tras garantir as condicións de seguridade da vía.

Foto-Arquivo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos