Merecida homenaxe a Andrés Espasandín Pérez, José Mata Vilar, Juan Ramón Abelleira López e Ricardo Muñiz Blanco.
Moitos momentos de alegría para a sociedade xalleira. Moitas cancións pasaron polas súas mans e os seus corazóns.
Iniciativa de Axio Mouro
Isto xa xustifica a magnífica iniciativa da Asociación Cultural Axio Mouro de homenaxear a catro homes comprometidos coa música tradicional: Andrés Espasandín Pérez, José Mata Vilar, Juan Ramón Abelleira López e Ricardo Muñíz Blanco.
A homenaxe celebrouse o pasado sábado na Casa do Pozo de Santa Comba. O concello de Santa Comba colaborou no acto e uniuse ao mesmo coa presenza do alcalde, Alberto Romar e a edila Estefanía Calvelo.
Os protagonistas compartiron historias, lembranzas, e tamén música. E recibiron unhas placas conmemorativas co seguinte lema:”En recoñecemento da súa traxectoria do edio da música tradicional”.
Formaron parte do antigo Grupo de Gaitas da Terceira Idade de Santa Comba aínda que a súa conexión coa música é máis ampla.
Fotos- Concello de Santa Comba