Comeza o ‘Outono Rebuldeiro’ en Vimianzo

Este domingo, 8 de outubro, ás 18:30 horas, dará comezo a programación infantil e familiar do ‘Outono Rebuldeiro’ co espectáculo ‘Extra!!’, de Paco Nogueiras. A función está baseada no libro-cd ‘Extra!’, no que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

Cada unha delas enmárcase nas distintas seccións dun xornal: noticias nacionais, internacionais, sucesos, etc., ao son de ritmos modernos e bailables que buscan a participación do público.

A entrada é completamente gratuíta e pódese reservar, ata completar a capacidade da sala, a través da plataforma online www.woutick.es ou no despacho de billetes da Casa da Cultura, de luns a venres, en horario de 9:30 a 14:00 horas. Ademais, a taquilla estará aberta desde unha hora antes do comezo dos espectáculos.

A programación continuará durante os domingos deste mes e o segundo de novembro, día 12. Así pois, quedarían por diante outros cinco espectáculos dirixidos aos máis pequenos e pequenas da casa.

Outono Rebuldeiro

O 23 e 24 de outubro Soraya Lema representará: ‘Aitana e a avoa, e outros contos violetas’. Está dirixida aos centros de ensino municipais.

A semana seguinte, domingo 24 de outubro, será a quenda do Mago Pedro Bugarín con ‘Maxia para todxs’.

O mes remata coa celebración do Samaín coa actuación o ‘Castelo do terror’, da Banda do Verán.

Finalmente, o día 12 de outubro pecharase a programación con ‘Conto-concerto’ de Xoán Curiel.

Imaxe- Edición 2022

Fonte- Concello de Vimianzo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos