Concentración de apoio a unha familia de Arou que ten ameazada a súa vivenda

Preparan unha concentración de apoio a unha familia de Arou afectada por unha denuncia dunha veciña, que derivou nunha sentenza de derrúbe coa que non están de acordo, e que afecta a unha casa que leva construída máis de 25 anos e na que viven dende aquela.

Ante a situación de desamparo na que se encontra esta familia con nenos menores de idade, un grupo de persoas, está organizando unha concentración para o domingo 8 de outubro, ás 17h na Casa cultural de Arou, no concello de Camariñas.

Afirman contar co apoio dos distintos grupos políticos, tanto do goberno como da oposición de Camariñas, e agardan encontrar sensibilidade e unha solución por parte das administracións competentes para que non se acometa o que consideran unha inxustiza de consecuencias irreparables.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos