Queren evitar “os monólogos interminables e repetitivos” e “as faltas de respecto” do alcalde Iago Toba.
Partido Popular, Independentes por Muxía e BNG presentaron unha moción conxunta para que se proceda á aprobación dun Regulamento de Organización Municipal (ROM), achegando un borrador do texto para a súa aprobación.
Queren así evitar “as eivas no deber de transparencia e rendemento de contas e que permita que se respecte á veciñanza e o traballo dos grupos da oposición”.
Coa regulación, por exemplo, dos tempos de intervención, queren impedir “os monólogos interminables e repetitivos, as intervencións para falar sobre temas que non están na orde do día, as interrupcións constantes á oposición e as faltas de respecto e alusións persoais que ven protagonizando o Sr. Toba”.
Un Regulamento de Organización Municipal en Muxía
Os grupos da oposición consideran “intolerable” que os pleno teñan que interromperse pasadas as 12 da noite sen tratar as moción urxentes ou os rogos e preguntas, o que consideran como “ unha falta de respecto á veciñanza”.
Para os tres grupos “converter os plenos en circos para as redes sociais é unha estratexia política coa que se pretende que non se fale dos verdadeiros problemas dos muxiáns nin se permita a labor da oposición de propoñer melloras e exercer o control ao goberno”
Engaden que “as alusións a temas persoais e faltas de respecto que se veñen producindo son inadmisibles e so pretenden tapar a boca á oposición muxiá e esconder a indolencia e falta de dilixencia na xestión do actual goberno”.

