Programación cultural de outono – inverno en Vimianzo

Presentouse en Vimianzo un potente cartel de actividades culturais de outono e inverno.

O Concello de Vimianzo, da man da concelleira de Cultura, Rosa Blanco; a concelleira de Benestar Social, María José Pose, e a técnica de Cultura, Nieves Lema, presentaron a súa programación cultural de outono e inverno para pequenos e maiores.

Por primeira vez, particípase no circuíto Escena Norte, e tamén se suma talento local, como Vicente Mohedano ou Soraya Lema.

As sesións para adultos serán os sábados ás 20:30 horas, namentres que o ‘Outono rebuldeiro’ terá lugar os domingos ás 18:30 horas.

Programación adulta

Para as primeiras, haberá un bono de 4 espectáculos a un prezo de 15 euros, no que non está incluído o mago Pedra Volta, que terá un custe de 10 euros e poderase mercar en www.woutick.es.

O prezo dos espectáculos ‘Man morta’, ‘Missery’, ‘Testosterona’ e ‘Sen lingua’ será de 5 euros; 2,50 a entrada reducida.

Serán de balde ‘As bestas’, ‘O bar de Chirivito’ e o documental ‘Cardoña fotos a 7 pesetas’.

O prezo reducido aplicarase a maiores de 65 anos e estudantes, sempre e cando se acredite tal condición. A venda anticipada será en woutick.es ou na billeteira da Casa da Cultura, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. O día da función, na propia taquilla desde unha hora antes do inicio do espectáculo. Non se poderá acceder á sala unha vez comezado o acto.

Outono rebuldeiro

No que respecta ó ‘Outono rebuldeiro’ a entrada será de balde, con reserva e ata completar aforo. Poderanse formalizar tanto en woutick.es como na billeteira da Casa da Cultura, de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas.

A taquilla estará aberta desde unha hora antes do comezo dos espectáculos. Non se reservarán entradas para o 23 e 24 de outubro, xa que se trata dunha función para os centros educativos de Vimianzo.

A concelleira de Cultura, Rosa Blanco, quixo destacar o traballo “de todo o departamento de Cultura do Concello de Vimianzo, en especial Nieves Lema, por agraciarnos un ano máis cunha programación do máis completa e accesible posible.

Tamén á Deputación da Coruña, á Rede Galega de Teatros e Auditorios, a Camiño Escena Norte e á Rede de Bibliotecas de Galicia da Xunta de Galicia”.

Síntese das programacións:


Adulto

• 7 de outubro: ‘Entrega en man’, de Contraproduccións.
• 14 de outubro: ‘Misery’, de Saltantes Teatro.
• 15 de outubro: ‘As bestas’, Ciclo Nacional de Cine.
• 28 de outubro: ‘O bar de Chirivito’, de Éche o que hai teatro.
• 4 novembro: ‘Testosterona’, de Malasombra.
• 11 de novembro: ‘Ilusionante’, de Pedro Volta.
• 18 de novembro: ‘Cardoña fotos a 7 pesetas’, documental de Carlos Lorenzo.
• 25 de novembro: ‘Sen lingua’, de Serea Produccións.

Outono rebuldeiro
• 8 de outubro: ‘Extra!!’, de Paco Nogueiras.
• 22 de outubro: ‘Cartoons’, de Excéntricas.
• 23-24 de outubro: ‘Aitana e a avoa, e outros contos violetas’, de Soraya Lema.
• 24 de outubro: ‘Maxia para todxs’, de O Mago Pedro Bugarín.
• 31 de outubro: ‘O castelo do terror’, de A Banda do Verán.
• 12 de novembro: ‘Conto-concerto’, de Xoán Curiel.

Fonte – Concello de Vimianzo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos