O concello de Vimianzo aprobou o Plan Único da Deputación da Coruña con máis de 600.000 euros de investimento, cos cales será posible a mellora de varias vías municipais (tramos de Tines a Reboredo, pavimentación nunha pista de Treos e nova pavimentación na estrada do Arxomil a Carnio) así como á humanización da rúa Castelao e acondicionamento do núcleo de Colúns. Votaron a favor os concelleiros do PSOE e do PP e abstívose o BNG.
Tamén se aprobaron varios suplementos de crédito, co apoio de PSOE e PP e división de voto do BNG. Entre outros puntos tamén se deu luz verde inicialmente a Ordenanza de Administración electrónica do Concello de Vimianzo.
E aprobaronse dúas bonificacions do ICIO. Unha delas contou co voto favorable de todos os grupos e noutra abstívose o BNG.
Bonificacións ICIO Vimianzo
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, quixo sinalar a “curiosa diferencia no sentido de voto do BNG , xa que ambos puntos son administrativamente idénticos, só se diferencia no titular solicitante”, incidindo en que “un cambio na postura significa tamén a diferencia segundo quen sexa o solicitante, o que nos parece tremendamente grave”.
IMAXE DE ARCHIVO

