10.9 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Santa Comba acollerá o Día da Muller Rural organizado pola Deputación e Fademur

Así o anunciou Valentín González Formoso en Santa Comba

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es formoso-vilar-celtigos-1024x682.jpg

O vindeiro sábado 21 de outubro celebrarase en Santa Comba o Día Internacional da Muller Rural organizado pola Deputación e Fademur.

Nunha visita realizada este luns a Santa Comba, o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, fixo o anuncio acompañado polo alcalde Alberto Romar, polas deputadas de Politica Social e Educación, Mar García Vidal, e de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, e de varias concelleiras e concelleiros do goberno municipal.

«Ningún lugar mellor que Santa Comba»

Está prevista a participación dunhas 600 mulleres. “Ningún lugar mellor que Santa Comba para celebralo pola tradición agrograndeira do municipio e desta comarca, na que se concentran o maior número de explotacións da provincia” declarou González Formoso.

O alcalde Alberto Romar agradeceu que a Deputación elixira Santa Comba para conmemorar o Día da Muller Rural 2023 e subliñou o importante papel que, ao longo da historia, veñen desenvolvendo as mulleres de Santa Comba na economía familiar e na dinamización do rural.


Na súa estadía en Santa Comba, o Presidente da Deputación visitou a Capela da Virxe das Mercedes, en Vilar de Céltigos e supervisou obras como a pavimentación de viais en Alón e Alón de Abaixo.

O impulso do Plan Único


Formoso manifestou que o Plan Único da Deputación «supuxo un importante impulso para a mellora e creación de novas infraestruturas municipais en concellos como Santa Comba».
explicou que, desde a súa creación en 2017, o POS+ leva investido máis de 10 millóns de euros en Santa Comba, dos que máis de 9 millóns foron destinados á financiar 60 obras e preto de 400.000 euros a gasto social.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos