Nunha breve e inesperada intervención en Radio Xallas o alcalde de Santa Comba, Alberto Romar expresou a súa confianza en que as distintas administracións impulsen unha “discriminación positiva” cada este concello.
“Santa Comba non é un concello pequeno. Chegou o momento de haxa unha discriminación positiva cara a un pobo que foi olvidado durante moitos anos” declarou o mandatario, que está convencido que isto quedará demostrado nas “achegas e investimentos” que virán da Deputación. E tamén solicitarán apoio doutras administracións.
Con respecto a Unidade de Documentación, Romar agradeceu o apoio do Sindicato Unificado de Policía, e aínda que é consciente de que o obxetivo poder tardar uns anos ou incluso non conseguirse “a idea era anticiparnos a outros concellos e ter visión de futuro”.
Melloras en Radio Xallas
Tamén anunciou novidades en Radio Xallas:”Temos un compromiso coa radio municipal, e nos seguintes meses imos mellorar certas estruturas porque é o momento de empezar a evolucionar”.
Alberto Romar asegurou que ”por horas non vai a ser, espero estar á altura”. Pediu paciencia a poboación pero avanzou que “estase empezando a cheirar ese cambio que falabamos”.
Declaracións do alcalde na parte final do programa