19.2 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Programa municipal de actividades de inverno do concello da Laracha


O prazo de inscrición ábrese o 20 de setembro para as disciplinas dirixidas a nenos e o 28 para as de adultos.


O Concello presenta a ampla oferta cultural, deportiva e de ocio que vai desenvolver durante os próximos meses no programa municipal de actividades culturais e deportivas de inverno 2023-2024. Como é tradicional, haberá moitas propostas e moi variadas dirixidas a todos os públicos, tanto ao infantil e xuvenil como ás persoas adultas.


A programación ten varios obxectivos diferentes e complementarios entre si, tales como ofrecer á toda a poboación larachesa a oportunidade de aproveitar o seu tempo de lecer practicando actividades que promoven os estilos de vida saudables, que potencian as inquedanzas artísticas e que poden ser útiles para a súa vida cotiá. Ademais, favorécese a conciliación da vida persoal e laboral naquelas familias con nenos ao seu cargo.


Nesta ocasión a oferta alcanza o total de 34 disciplinas, das cales 15 serán para o público infantil e xuvenil e 19, para o adulto.


A oferta completa de actividades para nenos e mozos inclúe como novidades o baile moderno (TikTok, comercial, etc.), balonmán e fotografía dixital. Ademais, mantéñense as propostas que foron mellor acollidas en anteriores edicións, como son fútbol sala, informática, manualidades e debuxo, pádel, patinaxe, pequecociña (obradoiro de cociña infantil), robótica e gaming, teatro, tiro con arco, voleibol, xadrez e zumbea kids.


O público adulto terá á súa disposición actividades de aeróbic, arte floral, bailes latinos, cociña, encaixe de palillos, informática, ioga, manualidades e pintura ao óleo, labores de tecido, memoria e alfabetización, macramé, pádel, pilates, restauración e tapizaría, teatro, tiro con arco, zumbea e ximnasia de mantemento, ofertándose esta última nas trece parroquias para facilitar que poidan asistir as persoas maiores residentes no rural. Como novidade está o curso de fotografía dixital.

Inscrición on-line ou presencial


Para facilitar o proceso de inscrición hai dous prazos diferentes. O primeiro é o das actividades infantís e xuvenís e ábrese o mércores (20 de setembro) ás 9:00 h. A partir do 28 de setembro, tamén ás 9:00 h, comezarán as inscricións para o público adulto.

En ambos casos poderase facer en liña na web www.alaracha.gal/actividades ou ben presencialmente no Concello, requiríndose o pagamento mediante tarxeta ou transferencia bancaria (non poderá facerse en efectivo). Cabe lembrar que para poder apuntarse é requisito que a persoa participante estea empadroada no termo municipal. Só no caso de que quedasen prazas dispoñibles, ofreceríase a posibilidade de participar aos nenos non empadroados que sexan alumnos dalgún dos colexios do Concello da Laracha.


A cota de inscrición xeral é de 20 euros por toda a duración da actividade, reducíndose á metade (10 euros) no caso de que a persoa inscrita sexa menor de 18 ou maior de 65 anos. As familias numerosas e aquelas familias nas que todos os membros se atopen en situación de desemprego desfrutarán dun 50 % (non acumulable) de redución na cota.


Debido á alta demanda rexistrada nas actividades durante o curso pasado e a formación de listas de agarda para poder participar nelas, os monitores realizarán un control estrito das faltas de asistencia, sendo o máximo permitido de 4 inxustificadas para as actividades dunha clase semanal e de 8 para aquelas de dúas clases semanais.


O Concello está a realizar unha campaña informativa sobre o programa municipal de actividades 2023-2024 nos centros de ensino. O material xa está tamén dispoñible para a súa consulta na páxina web e nas redes sociais municipais.

Fonte – Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos