14.6 C
Santa Comba
jueves, septiembre 21, 2023

“A Senda do Xallas será o gran exemplo do turismo da natureza dos vindeiros anos”

O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, expresou en Radio Xallas o seu convencemento de que a Senda do Xallas “é un gran proxecto” e deixará pouso no territorio:

”Estou seguro que vai a ser un proxecto que abrirá moitas portas e que ten moito potencial. Será o gran exemplo do turismo da natureza dos vindeiros anos”.

Informou que xa se remitiu a memoria definitiva á Deputación, entidade que asumirá o 80% do custe do proxecto, valorado en máis de 700.000 euros.

Abastecemento de auga

Nunha entrevista no programa Na Encrucillada, o mandatario de Mazaricos que revalidou recentemente a maioría absoluta, falou de diversos temas, como o referido ás melloras que está impulsando o concello en materia de abastecemento, con cinco novas captacións en distintas parroquias, con máis de 150.000 euros de investimento ou coa construción dun depósito en Pino de Val, neste caso con máis de 500.000 euros de investimento.

Nesta conversa, Juan Blanco falou de turismo, obras, servizos sociais, do proxecto da Residencia de Pino de Val, e sobre o mundo rural, lamentando que non haxa un maior compromiso por parte das administracións cos concellos, con varios exemplos como a implantación da fibra óptica, o Fondo de Compensación Ambiental ou os investimentos nas cidades.

Podes escoitar a entrevista de Radio Xallas a partir do minuto 60


.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos