12.5 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

Renuncia da concelleira Sofía López

A concelleira do Partido Popular de Muxía, Sofía López, presentou a súa renuncia por motivos persoais segundo informaron fontes desta organización. López xa fora concelleira durante os últimos catro anos.

A portavoz municipal, Sandra Vilela, agradeceu o traballo “incansable” de López, de quen Vilela destacou o seu “compromiso” e a súa “lealdade”.

O traballo de Sofía López

“Perdemos a unha persoa moi importante para nós, que sempre estivo disposta a botar unha man no que fixera falta e que, por encima de todo, o seu único propósito foi mellorar a vida dos veciños de Muxía”, apuntou Vilela, quen asegurou que as portas do partido sempre estarán abertas para López.

Por último, a voceira popular informou de que o seu partido comunicará nos próximos días quen é a persoa que substitúe a Sofía López como concelleira na corporación municipal do Concello de Muxía.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos