A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte – GDR, aprobou a proposta de selección de varios proxectos para a súa financiación dentro do Programa Leader financiado polo Fondo Europeo Agrario de Desarrollo Rural (Feader); a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA).
Aprobáronse catro proxectos non produtivos cun investimento total de 102.968 euros e unha axuda de 65.723 euros que permitirán a adecuación da sede de AFABER en Mirón-Bértoa(Carballo), a segunda prospección arqueolóxica en Brandomil-Zas, un proxecto de mellora silvopastoral en Montecelos-Vimianzo ou a restauración dun retablo en San Martiño de Cores- Ponteceso.
O investimento e a axuda quedan así.
“Adecuación da sede de AFABER”– 10.750 orzamento – 8,858 axuda
“O Brandomil Romano, segunda prospección arqueolóxica” – 26.217,72€ orzamento- 17.198 euros axuda.
“Proxecto de mellora da infraestructura silvopastoril no monte de Montecelos”. Orzamento 49.500,00€ – axuda 30.096,00€.
“Restauración retablo lateral esquerdo da igrexa de San Martiño de Cores”. Orzamento 16.500,00€- axuda 9.570,00€.
Tamén se deu luz verde a seis proxectos produtivos con 2.351.385,57€ e investimenro previsto a a axuda concedida 514.405,73€, nos concellos de Mazaricos, Carballo, Zas e Coristanco.
“Campamento en Alborés”, en Alborés (Mazaricos). Orzamento 504.370,10€ – axuda 125.000,00€.
“Ampliación empresa de mecanizados”, polígono industrial (Carballo). Orzamento 535.591,16€ – axuda125.000,00€.
“Pensión de 2 estrelas en San Adrián de Castro”, en San Adrián (Zas). Orzamento 292.621,31€ – Axuda 101.832,21€.
“Campamento de Turismo Espazo Razo-Carballo”,. Orzamento 703.750,00€-axuda 125.000,00€.
“Lavandería Autoservizo en A Picota”, en A Picota (Mazaricos) Orzamento 33.103,00€ – Axuda 11.188,81€.
“Instalación de planta de RCDs”, en A Furoca (Coristanco)- Orzamento 281.950,00€ – A axuda en firme sitúase nos 26.384,71€ e en reserva 67.222,69€.
Quedaron unha ducia de proxectos en lista de agarda
Fonte. Ponte de Brandomil.