12.5 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Sandra Vilela xa é deputada autonómica

A muxiana Sandra Vilela Riveiro tomou posesión do seu cargo como deputada autonómica, este martes na sesión do Parlamento de Galicia. Sustitúe ao anterior portavoz Pedro Puy Fraga.

Sandra Vilela é a portavoz do Partido Popular de Muxía. É profesional do sector dos seguros e foi candidata á alcaldía en dúas ocasións.

A finais de xuño, entraba como deputada outra muller da Costa da Morte, a camariñana Paula Mouzo Mas, tamén do Partido Popular e portavoz no seu concello.

Muxía, máis presente ca nunca no Parlamento de Galicia

Recentemente nunha entrevista no noso Podcast “A Trencha” Sandra Vilela aseguraba que este posto era “un orgullo” e tamén “unha boa oportunidade para o meu concello. É importante que poidan ter unha voz que lles poida axudar nun sitio tan relevante como é o Parlamento de Galicia”.

Vilela é consciente de que representa “a toda a comarca” pero tamén é “lóxico” que traballe para que “Muxía estea máis presente ca nunca neste Parlamento”.

Agora, xunto con Mouzo e Vilela, tamén forma parte da cámara o carballés Rubén Lorenzo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos