“Sempre en Galicia” é o programa radiofónico máis lonxevo en lingua galega. Un facho acendido, desde 1950, por vellos galeguistas que se mantén luminoso, grazas ao esforzo e o compromiso de persoeiros como Antonio García de Seárez (Toni de Seárez).
Na actualidade o programa emítese os domingos desde Radio Oriental AM 770 desde Montevideo.
Nova programación de Radio Xallas
Este luns coincidindo có inicio da nova programación de Radio Xallas, a emisora do concello de Santa Comba emitía un saúdo do director de “Sempre en Galicia” Toni de Seárez, que referíase a “esa emisora que leva a nobreza enxebre de Radio Xallas e o nome ventureiro de Na Encrucillada, tan expresivo para esa terra cuxos vieiros estenden os seus brazos por toda Galicia, quero levar os nosos parabéns e o desexo de éxito”.
De Seárez desexaba “éxitos nesta nova andaina” desde Sempre en Galicia “o programa máis antigo do mundo falado enteiramente en idioma galego”.
Desde Sempre en Galicia
Convidada a “valorar aquelo que por herdanza milenaria nos pertence” a través “dunha tarefa tan digna como necesaria” como é a comunicación, neste caso radiofónica.
Podes escoitar a mensaxe de Toni de Seárez e a resposta de Xosé Manuel Lema desde os primeiros minutos deste Podcast.
No primeiro programa de hoxe, xunto coa actualidade, a axenda, a música e a información deportiva participaron no programa a concelleira de Cultura e Deportes, Patricia Val Antelo e o de Obras, Pablo Negreira Souto.