A parroquia de Castriz celebra as festas da Nosa Señora das Dolores e de Santa Rita con tres días de celebracións.
Festas en Castriz 2023
O venres 15 de setembro, celebrarase a Festa do Calimocho con chourizo ó viño. Haberá verbena coa orquestra La Favorita e a disco móvil CDC.
Raúl Romero, Arena de Canarias e disco Radical
O Sábado é día de Santa Rita. Haberá oficios relixiosos as 8, 9 (con procesión), 11, 12 13 (soolemne) e as 19h. Vendéranse flores de Santa Rita durante toda a xornada.
No apartado musical, pasarrúas con grupo de gaitas e sesión vermú con Raúl Romero (que formou parte da orquestra Cinema) e co grupo Arena de Canarias.
Pola noite Arena de Canarias estará acompañada pola macro discoteca móvil Radical.
E o domingo 17 de setembro Castriz honra a Nosa Señora das Dolores (Dores). Haberá misas ás 8, 9 (con procesión), 11, 12 e 13,30 (solemne).
No apartado musical, pasarrúas con grupo de gaitas e sesión vermú e verbena coa orquesta Costa Dorada.
Orquesta Costa Dorada
Aínda que ten máis de trinta anos de existencia, nesta tempada Costa Dorada fixo unha importante renovación incorporando a vocalista Paula Varela (Spirit, A Gramola e Pontevedra) e ao cantante chileno Alexis Brito, militou durante os últimos cinco anos na orquestra La Fórmula. Acompañan na sección vocal a Cristina Seijo e Jorge Luis Puglisi.
A formación lucense tamén reforzou os seus metais cos saxofonistas Pedro García Olivero “Parker”, Nando Louzao e David Paz.
Foto portada- Comisión de Festas de Castriz- Facebook- Imaxe de 2019