9.3 C
Santa Comba
domingo, diciembre 22, 2024

Visita de Cristina Pichel o Campo de Voluntariado de Santa Comba

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou os participantes do campo de voluntariado que se está desenvolvendo no concello de Santa Comba.


O campamento promovido pola Xunta, coa colaboración do concello de Santa Comba, traballa na posta en valor e acondicionamento da ruta patrimonial pola Braña da Serra e da contorna da Fervenza de Castriz, duns dez kilómetros.


Voluntariado en Santa Comba


Son once mozos que realizan tarefas como a xestión de especies exóticas, recollida de lixo e cartografía da zona. Tamén se leva a cabo unha collida de testemuños da veciñanza para que poidan ser incluídos en carteis informativos que se instalarán ao longo da ruta.


Cristina Pichel departiu cos voluntarios, acompañada polo alcalde xalleiro, Alberto Romar e por membros da corporación local.


Como lembran desde a Xunta “este campo de voluntariado de nova creación atópase nunha zona de altísimo valor ecolóxico que constitúe unha das uceiras húmidas atlánticas máis grandes de Galicia, encadrada nas parroquias de San Pedro de Xallas de Castriz (Santa Comba) e San Miguel de Couso (Coristanco)”.


Este voluntariado tamén colaboran noutro tipo de eventos e actividades. Na provincia coruñesa hai trece campos de voluntariado qye suman 225 persoas de entre 18 e 30 anos de idade.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos