10.9 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Mellora da accesibilidade en centros educativos de Ponteceso, Coristanco e Camariñas

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, supervisou as obras que se están a levar a cabo de instalación dun ascensor no IES Eduardo Pondal de Ponteceso que contan cun orzamento de máis de 70.000 euros.
Na súa visita estivo acompañado polo alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato.

Trenor recalcou que o Goberno Galego está a investir máis de 200.000 euros na mellora da accesibilidade de centros educativos da zona colocando tamén ascensores no CEIP de Bormoio-Agualada en Coristanco e no CEIP O Areal de Camariñas.


“Estes investimentos son un exemplo do compromiso da Xunta cunha educación pública de calidade que inclúe a mellora das instalacións coa fin de garantir que os escolares dispoñan duns espazos confortables, seguros e accesibles nos que desenvolver a súa aprendizaxe” manifestou o delegado da Xunta.


26 actuacións en colexios da Costa da Morte


Segundo o goberno galego están executando na Costa da Morte 26 actuacións cun investimento de case dous millóns de euros en centros educativos que inclúen sete grandes obras en Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo e Ponteceso, a instalación de placas fotovoltaicas en centros educativos de Carballo e Cee e 17 obras menores en 13 colexios e institutos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte.


Noticias sobre o que pasa na Costa da Morte nunha sección específica de Adiante Galicia..

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos