A localidade porteña acolle unha nova cita solidaria para apoiar os estudios e a investigación sobre a Ataxia de Friedreich, unha doenza que afecta ao sistema nervioso que controla os músculos dos brazos e das pernas.
A iniciativa dunha muller loitadora como María Jesús González Souto, co apoio do concello de Camariñas, da Deputación provincial e de máis de vinte firmas comerciais, tradúcese en que esta enfermidade teña visibilidade e recade fondos con distintas accións que leva a cabo.
Andaina Solidaria pola Ataxia
Unha destas iniciativas é a Andaina Solidaria pola Ataxia que celebrará unha nova edición o domingo 17 de setembro no Paseo fluvial da Ponte do Porto. Realizarase unha andaina pola Ruta dos Muíños porteña e logo haberá gastronomía e música por unha boa causa.
Actuará o Trío Mar de Caión, o grupo Vaiche Boa, Mouzo DJ e a disco móvil Party Soul. Haberá inchables e callos, tortilla e empanadas para os presentes.
Xa está aberto o prazo de inscricións que se poden formular desde a web ccnorte.com o a través do teléfono 665134152. O donativo é de 10 euros para os adultos e 5 para os nenos.