O GDR Costa da Morte organiza desde o vindeiro 7 de setembro tres faladoiros relacionados coa xestión forestal sostible, a xestión conxunta do territorio, e a xestión gandeira de forraxes. Terán lugar en Baio-Zas, Montemaior-A Laracha e Vimianzo.
Unhas actividades que se enmarcan no proxecto de Cooperación «Paisaxes Intelixentes» financiado no marco do programa LEADER, polo Fondo Europeo Agrario de Desarrollo Rural (Feader); a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA).
Os Faladoiros sobre paisaxes intelixentes
O GDR Costa da Morte pretende achegar a cidadanía, información sobre temas relevantes.Estes faladoiros desenvolveranse en varias sesións distribuídas nas seguintes temáticas e nas localizacións indicadas a continuación:
Xoves 7 de setembro ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Baio: XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE
Xoves 14 de setembro ás 19:00 horas no Hospital dos Peregrinos – Santa Margarida (Montemaior – A Laracha): XESTIÓN CONXUNTA DO TERRITORIO
Xoves 21 de setembro ás 16:00 horas na Casa da Cultura de Vimianzo: XESTIÓN GANDEIRA E DE FORRAXES
Ao remate de cada un dos faladoiros ofrecerase un aperitivo aos asistentes.
As inscricións poderanse realizar no enderezo electrónico do GDR:
gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com; ou ben por chamada telefónica nos seguintes números de contacto: 981 71 73 58 / 678 64 80 65