11.3 C
Santa Comba
sábado, septiembre 23, 2023

O concello de Santa Comba queixase pola falta de pediatra e pide un «servizo de raios»

O alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, presentou unha queixa formal diante da Consellería de Sanidade pola situación do servizo de pediatría do Centro de Saúde, derivada da “ausencia prolongada do especialista infantil, cuxa falta durante varias semanas vai deixar o servizo ao descuberto”.

O malestar increméntase ao tratarse “dunha situación reiterada que volve a producirse con periodicidade” e que segundo fontes municipais está provocando “desconcerto e preocupación”.

No escrito, o mandatario xalleiro, traslada a necesidade de dotar ao PAC de Santa Comba cun “servizo de raios”.

Outra das demandas nas que quere insistir o goberno local é que por parte da Xunta se fagan cargo do mantemento do Centro de Saúde, xa que estes custos supoñen “unha laxa inasumible para os pequenos concellos do rural”.

Romar solicita unha xuntanza con Julio García Comesaña para tratar todos estes asuntos e buscarlle unha solución.

Foto- o alcalde coa concelleira Estefanía Calvelo, concelleira de Servizos Sociais

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,831SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos