12 C
Santa Comba
jueves, septiembre 21, 2023

Esperanza Calvo: xalleira orgullosa e xornalista de raza

Xornalista e xalleira. Son dúas palabras que a definen e que Esperanza Calvo leva con orgullo. Xornalista desde hai anos, actualmente na sección de internacional de Informativos Telecinco. E de Santa Comba. “Son de terra de vacas” responde cando lle preguntan pola vaquiña que loce no seu perfil de Twitter.

Esperanza Calvo ten varios premios polo seu traballo xornalístico. Por achegarse o corazón da M-30, por cubrir a formación de militares españois en Uganda ou por introducirse nun narco-submarino.

Pero na vitrina do corazón garda tamén outras coberturas. “As que fixen en Asia pola dimensión e o esforzo persoal, non se poden esquecer nunca”.Ou “un tifón en Filipinas no que morreron dez mil persoas”.

O potencial do Río Xallas e a boa gastronomía de Santa Comba

Calvo visita Santa Comba cada vez que pode. Camiñante e ciclista. Ten sitios especiais como “a presa de Arufe”, unha parte do maxestoso Río Xallas ao que a xornalista valora “o seu potencial turístico impresionante”.

Unha terra de paisaxes pero tamén de boa gastronomía como destaca ela mesma:”En Santa Comba cómese moi ben”. Tamén lle gusta a Costa da Morte, o Camiño dos Faros e Laxe; ese pobo que tantos xalleiros recibe desde hai tempo.

Esperanza visitaba este verán os estudios de Radio Xallas e falaba do seu oficio e da súa terra, días despois de ser premiada pola Fundación Línea Directa pola súa reportaxe sobre a M-30 madrileña.

Unha simple mostra dun traballo ben feito, dunha profesional que caracteriza o talento xalleiro e a vocación por comunicar.

Esta foi a conversa mantida na emisora municipal do concello de Santa Comba, Radio Xallas, con Esperanza Calvo. Desde minuto 25

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos