12.6 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

Atropelo en Malpica de Bergantiños este 15 de agosto


Segundo informaron desde o 112 Galicia este suceso ocorreu ás 13:25 horas, nun paso de peóns da rúa da Camuza en Malpica de Bergantiños.

Varios particulares, entre eles o condutor implicado, contactaron co 112 Galicia para comunicar o acontecido: un vehículo acababa de alcanzar a unha muller, que quedara tendida sobre a rúa.

Aínda que nun primeiro momento os alertadores apuntaban que perdera a consciencia, pouco despois eran os membros do GES de Ponteceso e da Policía Local do municipio os que indicaban que fora evacuada consciente polos servizos sanitarios.

Ademais, tomaron parte neste operativo os xentes da Garda Civil de Tráfico.

FOTO DE ARQUIVO- VISTA DE MALPICA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos