10.4 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Volven os Rueiros da Vila a Caión

Caión volverá converterse nun festival musical e cultural coa celebración da terceira edición Rueiros da Vila durante as fins de semana da segunda quincena de agosto (días 18, 19, 20, 25, 26 e 27).


A oficina de información turística da localidade costeira acolleu este mediodía a presentación do evento a cargo do alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira de Cultura, Patricia Bello, e Mahoney en representación de Sincro, a productora que xestiona o programa.


Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, a música será a gran protagonista e encherá todos os recunchos de Caión durante esas xornadas ao estar habilitados catro escenarios diferentes para aproveitar todo o potencial que ofrece a localidade:


• Escenario Patio: finca situada entre a igrexa parroquial e o paseo marítimo.
• Escenario Cárcere Vello: paseo marítimo.
• Escenario Rueiro das Figueiras: praza Virxe dos Milagres.
• Escenario Salseiras: zona verde xunto ao acceso principal á praia.

Tamén haberá actividades culturais, lúdicas e recreativas dirixidas a todos os públicos. O Roteiro da Vila consistirá nun percorrido polos lugares máis importantes da localidade guiado polo historiador Marcos Amado e coa colaboración da Confraría de Pescadores de Caión. Os Rueiros Pequeniños inclúen dous espectáculos para o público infantil e familiar.


O alcalde fixo referencia ao “éxito das dúas edicións anteriores” e felicitouse por ofrecer en Caión “un programa especial, distinto, para que poidan desfrutar veciños e turistas e que sexa o anticipo das festas principais, que son as dos Milagres”. Valorou a importancia de que “teña cabida todo tipo estilos musicais” e concluíu destacando que o programa combine “o mar, a música, a gastronomía, o surf, a tradición e a historia”.


Mahoney valorou que os Rueiros da Vila estean “consolidados e asentados en Caión”, conformando “un escaparate para bandas emerxentes do panorama galego” e tamén con “espazo para artistas locais xa que cada ano hai laracheses no cartel” como sucederá este ano nas actuacións de Daniela Montes, A Sombra dos Soños e Cantometrics.

Tras salientar que se trata dun programa “plural, nutrido e de ambiente familiar”, concluíu referíndose a boa comunicación co Concello que posiblita organizar seis xornadas de actividades en catro localizacións diferentes, todas cun “marco espectacular xunto ao mar”.
O programa Rueiros da vila ten o seu propio perfil nas redes sociais Facebook, Instagram e Youtube nos que se ofrecerá información puntual sobre todos os eventos que se desenvolverán nesas datas en Caión.


Programación Rueiros da Vila 2023


Venres 18


• 19:00 h, Escenario Cárcere Vello. Dr Think. Sesión na que se dan a man o nudisco, o deep house e o groove.
• 21:30 h, Escenario Patio. Terrae DJ’s. Proxecto musical e show audiovisual enfocado a unha simbiose a todos os efectos entre natureza e humanos a través do baile.


Sábado 19
• 19:00 h, Escenario Cárcere Vello. Coto. Sesión de estilo predominante techno-house, con pinceladas de minimal e deep house.
• 21:30 h, Escenario Patio. Nano MZ. Un dos artistas de maior crecemento da nova ola da música española que acumula máis de sete millóns de strems en plataformas.
• 22:30 h, Escenario Cárcere Vello. Alex Kleve. Relacionado coa música electrónica desde mediados dos ‘90, nas súas sesións mezcla múltiples estilos, principalmente o techno e o house.


Domingo 20
• 19:30 h, Escenario Cárcere Vello. O Mago Paco. Especialista en maxia infantil, caracterízase pola posta en escena de elementos visuais e moi
rechamantes que provocan unha dinámica constante sobre o escenario
• 19:30 h, Escenario Rueiro das Figueiras. Dúo Camándula. A través dun repertorio ecléctico, este dúo arteixán busca a complicidade do público transmitindo a emoción da música que sae do violín e do acordeón.
• 21:30 h, Escenario Patio. Cantometrics. Banda formada por catro galegas de ampla traxectoria en diferentes estilos que abranguen dende a música clásica e académica ata a tradicional, pasando polo pop, o folk ou a música electrónica

Venres 25
• 12:30 h. Roteiros da Vila. Saída desde a praza Eduardo Vila Fano e remate no Arquivo da Pesca.
• 20:00 h, Escenario Cárcere Vello. Amoebo. Unha reconstrucción da verbena galega. Proposta de música urbana que se alimenta
de ritmos latinos e do idol pop dos ’80.
• 21:30 h, Escenario Patio. Jinetes del Trópico. Cumbia, ritmos tropicais, reggaeton á galega e moito máis.


Sábado 26
• 20:00 h, Escenario Cárcere Vello. Catuxa Salom. As súas cancións son un canto á vida rural, ao ecofeminismo e ás raíces: un convite a conectar co noso pasado. A artista galega de raíces nativo-arxentinas, finalista dos Premios Martin Códax na categoría de músicas do mundo e mestizaxe neste ano 2023, consolidouse como unha das novas referencias do
panorama electrofolk en Galicia.
• 21:00 h, Escenario Patio. Daniela Montes. A xoven larachesa, de 14 anos de idade, foi unha das participantes na última edición do talent show La Voz Kids.
• 21:30 h, Escenario Patio. A Sombra dos Soños. A banda móvese entre diferentes estilos de rock e metal con influencias variadas que abranguen dende o rock setenteiro ata o folk galego, pasando por
momentos máis progresivos e outros máis acústicos.


Domingo 27: Rueiros Pequeniños
• 13:30 h, Escenario Salseiras. Circanelo. Espectáculo de teatro xestual, danza e acrobacia.
• 19:00 h, Escenario Salseiras. Píscore. Comedia musical e xestual.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos