Despois da primeira xornada coas actuacións de The Rapants, Red Hot Chilli Pipers e Dios Ke Te Crew, checou o día grande, o sábado 12 de agosto.
Na Festa da Carballeira de Zas houbo postos de artesanía, citas gastronómicas coa tradicional mexilloada popular e espazos para repoñer forzas, e zona infantil con xogos tradicionais e proxección de curtametraxes.
A sesión vermú, estivo amenizada musicalmente por Os Enxebres, Uxía Lambona e a Banda Molona, o trío Caldo e Cé Orquestra Pantasma, que fixeron que tanto os máis cativos da casa, como os maiores, pasasen unha xornada divertida e festiva, bailando sen parar.
A media tarde dou paso a Gran Foliada con Churía, Os Petadores, Os Farrapos e Os Enxebres, onde un gran número de asistentes se uniu para bailar e tocar co a música galega máis tradicional. A sesión de tarde acabou co grupo de música tradicional Pansenfron, Pandeiretas sin fronteiras.
Concertos de noite
Os concertos da noite comezaron forte, con Xosé Lois Romero & Aliboria, Xurxo Fernandes os que o público respondeu con enerxía e ganas, foi a entesala para recibir a banda irlandesa de rock celta e tradicional Uncle Bard & the Dirty Bastards, que fixeron erguer e bailar a unha carballeira abarrotada coma nunca, que seguiu o ritmo ata finalizar cos galegos Ruxe Ruxe, que puxeron o broche de ouro e punto final da 38 edición da Festa da Carballeira.