Imaxes do concerto de Red Hot Chilli Pipers
A primeira noite da Festa da Carballeira 2023 non defraudou, e milleiros de persoas acudiron a cita na Carballeira de Velar onde actuaron Red Hot Chilli Pipers, The Rapants e Dios Ke Te Crew.
Despois da presentación de Roi da Costa comezou a música con The Rapants, para continuar cos escoceses Red Hot Chilli Pipers e rematar con Dios Ke Te Crew.Variedade e emoción.
Este sábado 12 de agosto as actividades desenvólvense durante toda a xornada con diferentes actividades, citas gastronómicas e actuacións.
O prato forte son os concertos desta noite con Xosé Lois Romero & Aliboria, Xurxo Fernandes, Uncle Bard & the Dirty Bastards para finalizar con Ruxe Ruxe.
Un ano máis, para evitar o lixo e contaminación, e para protexer o entorno repartíronse miles de vasos reutilizables a disposición de todos os asistentes, eliminando por completo os vasos desbotables.
[…] O público vibrou na Carballeira de Velar […]