10.4 C
Santa Comba
domingo, septiembre 24, 2023

A Deputación quere que a Senda do Xallas estea operativa o vindeiro verán

As obras da Senda do Xallas, o ambicioso proxecto turístico que enlazará os concellos de Mazaricos, Zas e Santa Comba á beira deste emblemático río, será unha realidade en breve.
Este atractivo turístico, que require dun investimento total próximo aos 700.000 euros, presentarase proximamente no Pleno da Deputación para que o organismo provincial dea luz verde ao financiamento. Isto permitirá ao Concello contratar as obras na vindeira primavera.

Xuntanza co alcalde de Mazaricos


Este é o resultado máis salientable da reunión que mantiveron o pasado mércores o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, xunto co concelleiro de Turismo, Jorge Sanmartín, co deputado de Turismo do ente provincial e vicepresidente do mesmo, Xosé Regueira.


Por outra banda, a Deputación e o Concello comprometéronse a seguir colaborando na promoción turística. Mazaricos estará presente a través do stand da Deputación en próximos eventos turísticos e gastronómicos, caso do Xantar Ourense, Foro Fairway, Fitur ou Intur.


O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, agradeceu a receptividade e boa disposición da Deputación para desenvolver este importante proxecto en Mazaricos, «un dos destinos turísticos da Costa da Morte en auxe».

Pola súa banda, o concelleiro Jorge Sanmartín considerou que «a presenza de Mazaricos en foros de turismo con vocación internacional está a axudarnos moito para acadar estas boas cifras», polo que valorou moi positivamente continuar neste modelo de colaboración e complementariedade entre institucións.

Fonte- Nota de prensa do concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,831SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos