12.5 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

Torneo de Pádel, xuntanza veciñal e outras noticias de Santa Comba

Este sábado 12 de agosto celébrase o Torneo de pádel nocturno do Concello de Santa Comba. As persoas interesadas en participar nesta actividade deportiva están a tempo de inscribirse no seguinte enlace: www.santacomba.es/reservas ou na Oficina de Deportes .

Repartiranse 450 euros , entre as tres primeiras parellas, en vales para canxear en tendas de deportes de Santa Comba.


Tralo campionato de tenis de mesa celebrado o pasado venres, o alcalde, Alberto Romar, anima a toda a xente a participar nestas iniciativas deportivas.

Xuntanza veciñal

Este venres, o auditorio do multiusos acolle unha xuntanza convocada polo alcalde, Alberto Romar e a que están convidados veciños e comerciantes das zonas aledañas á Praza de Santa Comba. Será as 21h.

O motivo da xuntanza será o “de consensuar a prohibición de aparcar na praza arbolada co fin de humanizar esa zona e crear un espacio seguro e de encontro para a nosa xente” e a búsqueda de posibles reubicacións das prazas de aparcadoiro.

Outras noticias de Santa Comba

O concello de Santa Comba acolleu unha xuntanza dos alcaldes de Negreira, A Baña, Val do Dubra e Santa Comba na que segundo fontes do concello xalleiro trataron “temas de importancia estratéxica e de futuro referentes á xestión do territorio e a colaboración intermunicipal en diferentes áreas“.

A parroquia da Pereira celebra o vindeio 24 de agosto as festas de San Luis. Haberá sesión vermú co Dúo Reflejos e verbena con La Misión e Furia Joven.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos