12.7 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Oleiros de Buño en pé de guerra

Malpica celebrará unha Mostra de Olería sen os oleiros de Buño.

Esta frase fai un tempo resultaría surrealista pero esta é a decisión dos profesionais que rexeitan “participar no evento alternativo promovido pola corporación municipal e procederemos ó peche das nosas tendas e talleres os días nos que se celebre dito evento ,co prexuízo económico que supón para todos e cada un de nós non realizar a nosa actividade profesional nas datas nas que máis afluencia de visitantes se achegan a coñercer o noso traballo”.

Nunha comparencia este domingo no Teleclube de Buño explicaron as razóns que motivaron esta decisión. Referíronse aos contactos que mantiveron co concelleiro de Turismo, Alfredo Cañizo, e os primeiros desencontros:

“O concelleiro en cuestión resérvase a potestade de modificar , engadir ou suprimir aquelo que considera oportuno ,independentemente de se ditos cambios respetan os acordos acadados coa outra parte ou non. Cando se lle chama a atención sobre este particular a resposta que nos dá é que a partir dese momento el é o encargado de decidir que se fai e que non e de que xeito .Que a nós pouco menos que nos queda que agradecer que nos deixe opinar e que se nos parece ben, ben e que senón tamén porque non nos precisa para nada. Que a Mostra de Olería de Buño se vai a celebrar con ou sen a participación dos oleiros de Buño”.

«A Mostra non é unha festa patronal nin unha churrascada popular»

Os oleiros consideran que o feito de que o concello de Malpica participará na organización do evento “ non te convirte necesariamente no propietario do mesmo. Este é un problema que vimos arrastrando durante anos”.

Lembran que se puxeron en contacto co alcalde de Malpica, Eduardo Parga, para narrar o acontecido pero sen froitos positivos.

Deixaron claro que a Mostra de Olería de Buño nacei como unha mostra de artesáns.”A Mostra non é unha festa patronal, nin unha churrascada popular, nin unha verbena. A Mostra é un acto promocional que os oleiros de Buño realizan coa intención de comercializar o froito do seu traballo . A Mostra é dos oleiros. Porque é a nosa obra a que se expón”.

No comunicado lido tamén hai críticas cara a Deputación provincial da Coruña que “interpreta a Olería de Buño e os oleiros de Buño ,que son os responsables de que sexa unha realidade viva e non u mero recordo,son dúas realidades independentes e non atopan disoancia ninguha na situación que estamos a padecer”.

Pese o rexeitamente duns actores fundamentais nesta actividade o concello de Malpica mantén un evento que se desenvolverá entre o 3 e o 6 de agosto, en Buño.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos