11.3 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

Unha muller falece pouco despois de que a sacaran da auga os socorristas da Praia de Osmo

Info -AXEGA 112FOTO ARQUIVO


Os membros do GES de Ponteceso indicaron que a zona de onde a sacaron ten moi pouco calado, polo que barallan a posibilidade de que a muller sufrira algunha indisposición previa.

Ao fío da unha desta tarde, o 112 Galicia tivo noticia do suceso mediante as chamadas de alerta doutros bañistas. Todo coincidían en que a muller xa estaba fóra da auga grazas á acción dos socorristas, pero que era necesaria a asistencia médica urxente. Así, pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron á zona unha dotación á bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Aínda así, nada puideron facer pola muller.

Axiña os servizos de emerxencias alí desprazamos sinalaron que a señora falecera, e mesmo barallaban a posibilidade de que a persoa sufrira unha indisposición previa, pois trátase dunha zona de pouco calado da Praia de Osmo, en Corme Porto.

Engadiron que nese intre había moita xente no areal, e os socorristas sacaron a persoa moi rápido.

En calquera caso, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e da Policía Local, co fin de recoller toda a información sobre o suceso.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos