11.3 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

Accidente cunha persoa ferida en Mazaricos

Info- Axega 112 – Foto- GES Muros


Pola súa parte, os Bombeiros do Xallas tiveron que actuar en Mazaricos para axudar a saír unha persoa, ocupante dos asentos traseiros dun coche. O vehículo saíuse da vía e quedou semi envorcado sobre un muro.

Precisamente, a situación inestable do coche recomendou a intervención tanto dos bombeiros como dos membros do GES de Muros para sacar a persoa cos menos danos posibles.

Así o solicitaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tras examinar o estado e posición da ferida.

Nesta intervención participaron, ademais, os voluntarios de Protección Civil e os axentes da Garda Civil de Tráfico. O sinistro produciuse ás 20:40 horas de onte na DP-3404, na estrada desde Pino do Val á Picota, ao paso por Mazaricos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos