12 C
Santa Comba
viernes, enero 3, 2025

Presentada a VI Feira de Horticultura en Paiosaco

O domingo da semana que vén, día 6 de agosto, Paiosaco acollerá a sexta edición da Feira de Horticultura, evento consolidado xa na programación estival do Concello da Laracha que se marca como propósito poñer en valor os produtos de horta da zona e o labor dos profesionais do sector.


O evento foi presentado hoxe no Concello polo alcalde, José Manuel López Varela, xunto á concelleira de Promoción Económica, Rocío López, e membros das asociacións que colaboran na organización: A Terriña e Horta do Noroeste. Tamén asistiron representantes de empresas e entidades que estarán presentes na Feira de Horticultura, como o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte, o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa e o Polo de Emprendemento Costa da Morte que compartirán un dos catorce postos.


Os outros stands serán para horticultores da Laracha e outros municipios próximos como Carballo, Arteixo, Coristanco e Cerceda. Un deles destinarase á plataforma de venda online Kibus precisamente co propósito de poñela en contacto cos produtores para crear sinerxías entre eles. E tamén haberá espazo para a xeadería Mmmm! Xeados, que sorprenderá con algunhas das súas elaboracións, e para Acastrexa, empresa centrada na elaboración de conservas.


O rexedor municipal comezou a súa intervención agradecendo a todos os colaboradores e participantes, “tanto aos que se incorporan neste ano e aos que levan participando desde a primeira edición”.

López Varela destacou “o valor engadido” de celebrar este evento “aproveitando a feira de Paiosaco, xa que o seu motor é o produto local” e tamén o programa de eventos, que presenta novidades pero sempre coa mesma fin de “reforzar a produción de horta no Concello”.


Rocío López detallou as actividades que se van levar a cabo durante a xornada. Os postos estarán abertos ao público desde as 9:30 horas e ata que remate a feira. Entre as 11:30 e as 13:30 horas haberá un show cooking con degustación para os asistentes no que a chef Beatriz Sotelo realizará as súas elaboracións precisamente con produtos de horta doados polos propios profesionais asistentes. Ademais, haberá sorteos de agasallos entre as persoas que se acheguen durante a mañá.


Relación de postos na Feira de Horticultura


• Concello da Laracha.
• Asociación de Produtores Horta do Noroeste.
• Asociación A Terriña.
• Horta Baldaio – A Despensa que Pensa
• Entreverdes
• Verxel Galego
• Apropaco
• Hortalizas Añón Pardiñas
• Verduras Chelín
• Show cooking de Beatriz Sotelo
• Acastrexa
• GDR Costa da Morte – EFA Fonteboa – Polo de Emprendemento Costa da Morte
• Galia by Kibus
• Mmmmh Xeados!

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,060SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos