10.4 C
Santa Comba
domingo, septiembre 24, 2023

A Laracha celebrou o seu primeiro pleno ordinario do mandato 2023-2027

Hoxe celebrouse o primeiro Pleno ordinario do novo mandato. En primeiro lugar, tal e como é habitual nas sesións ordinarias, gardouse un minuto de silencio en sinal de respecto ás mulleres vítimas da violencia de xénero.

A continuación, como asuntos de trámite, deuse conta das 269 resolucións de Alcaldía ditaminadas entre o 26 de maio e o 27 de xullo e, sen votos en contra, aprobáronse as actas das sesións anteriores e a corrección de erros no recoñecemento de dedicacións acordado no Pleno de organización da Corporación.

Tamén foron fixados os festivos locais para o ano 2024, que serán o Martes de Entroido (13 de febreiro) e o venres 16 de agosto, coincidindo coas festas patronais da Laracha. Non se propuxo como festivo a data habitual do 8 de setembro (día da Romaría dos Milagres de Caión) ao coincidir en domingo.

Por último, aprobouse por unanimidade dos tres grupos municipais unha moción na que se insta á Consellería de Educación a estudar para o IES Agra de Leborís a ampliación de espazos educativos, o reforzo no número de profesores -incluíndo un mestre de Pedagoxía Terapéutica- e a implantación de ciclos formativos básico, medio, superior e duais

Fonte-Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,831SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos