11.3 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

O concello de Camariñas non puido determinar a orixe do vertido no paseo marítimo

Sobre o vertido detectado este martes na zona do paseo marítimo de Camariñas, o concello de Camariñas informou que “os servizos municipais levantaron as tapas da rede de sumidoiros para comprobar a súa orixe, pero non se puido determinar exactamente onde comezaba o mesmo.”.

«Unha mancha branca, semellante a pintura comercial»

Indican que era “unha mancha branca, semellante a pintura comercial”. E fan un chamamento “para que este tipo de actos incívicos non se produzan, xa que supoñen un dano tremendamente importante ó medio ambiente”.

A alcaldesa, Sandra Insua anunciou que encargarán “unha memoria para solventar as incidencias que ocorren tanto na zona do Canzorro como do Bar Playa, e solicitaremos axuda a Augas de Galicia para que o proxecto de conexión á depuradora destes dous puntos sexa unha realidade».

No día de onte, desde o Partido Popular local, tamén pedían unha solución a estes problemas: «Os gobernantes cobran para dar solucións. Camariñas non pode dar esta imaxe cara o mundo. Non podemos vivir de costas ó mar, a saúde, o medio ambiente e ó turismo. Isto ten que ser unha prioridade».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos