9.8 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Vertidos que preocupan en Camariñas

Non é a primeira vez que nun pobo turístico como Camariñas pódense observar verteduras que emanan de desaugadoiros que acaban directamente no mar.


Hai un mes o BNG local, a través do seu portavoz Xurxo Rodríguez, denunciaba verteduras incontroladas de augas residuais na entrada do pobo pasando O Cansorro, con feces, toalliñas e outros elementos que ían directamente ao mar.


Neste Día de Galicia no mesmo paseo marítimo, a páxina de Facebook Noticia Camariñas, divulgaba estas imaxes que falan por si soas.


Non tardou o Partido Popular local, que lidera Paula Mouzo en expresar a súa preocupación pola mala imaxe que se traslada de Camariñas e pedir aos gobernantes socialistas “que cobran para dar solucións”, que adopten as medidas necesarias para evitar danos ao medio ambiente, á saúde e tamén ao turismo. Exporán a cuestión no pleno.


Mentres nas redes sociais, o vídeo xa provocaba as primeiras reaccións.

Vídeo anterior difundido polo BNG o 13 de xuño

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos